Siempre nos quedará el sofá

Blog de Vivenda da Xunta Local de NNXX de Ourense

5:05

NOVA REBAIXA FISCAL EN VIVENDA. XUNTA DE GALICIA.

Publicado por Vivienda y jóvenes |

Estimados lectores do blogue, antes de nada temos que pedirvos disculpas por non ter actualizado antes. Son varios os motivos que impediron esta constancia na redacción de novas noticias, pero unha vez máis estamos por aquí. Sen máis preámbulos, vamos con unha noticia que vos pode ser de especial interese. Vamos a falar sobre a nova medida que o goberno da Xunta de Galicia quere levar ao Parlamento, a ver se ten apoio, que eu penso que si.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presentou un novo paquete de rebaixas fiscais que están centradas na vivenda. Este novo proxecto de lei, dará forma á mensaxe de solidariedade e confianza que o noso presidente quere transmitir á sociedade.

Renuncia a aplicar a subida do IVE na compra de vivenda usada, e iso vai supoñerlle á Xunta unha merma de 9,2 millóns de euros nos seus ingresos. Pero, a pesar desa merma nas arcas autonómicas, beneficiará a 90.000 persoas de 30.000 familias. Polo tanto, este é o momento para meterse á inversión inmobiliaria, e aproveitar esta rebaixa impositiva.

Xa anteriormente se rebaixaran á metade as taxas dos actos xurídicos documentados e o imposto de transmisións patrimoniais para as familias numerosas e os menores de 36 anos, cousa que favoreceu a compra de vivendas nun incremento do 10% segundo afirma a Consellería de Facenda.

Subir o IVE é un erro, é un imposto que todos temos que pagar e que a súa subida nos prexudicará a todos. Non queremos a suba de impostos, e menos do IVE. Implicará unha subida de tódolos presos. A economía non se activa subindo os impostos, non se activa subindo o IVE, porque o feito de que os presos suban, reducirán o consumo das familias. Agradecemos dende aquí a nova proposta do noso presidente, e hai que salientar que gracias ás rebaixas fiscais, a economía actívase.