O noso brillante conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández fixo pública a denuncia dun desfase de 40 millóns de euros no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGCS), que deixou o Bipartito. Agora, tócalle a todo o departamento, volver a reformular as contas o organismo e a "emprender unha contención radical dos gastos" dixo Agustín Hernández.
O Partido Popular, tacha de "moi graves" os feitos acaecidos, porque hai que volver a reformular globalmente os proxectos. Non hai moito tempo que vimos de comprobar como deixaron un oco negro tamén no ámbito da Sanidade, para comprobar agora que tamén o deixaron no ámbito da Vivenda. ¡Menos mal que Quintana e Touriño dicían que GaliZa iba ben!, se chega a ir mal, nin quero pensar a desfeita que deixarían.
Non haberá dúbida ningunha en que os nosos profesionais saberán saír da situación o mellor posible, a pesar de que o anterior goberno, formado por incompetentes e ineptos o único que fixeron foi duplicar funcións e persoal ao crear unha consellería específica para temas de vivenda. Isto, supúxolles ós cidadáns un gasto adiccional de 21 millóns de euros, e o incremento de 119 traballadores que ligou ó aumento desproporcionado do persoal dos xestores.
En consecuencia efectivamente, vimos de analizar un problema que podería ser evitado, así como moitos outros nos cales o bipartito nos meteu. Así pretendían gobernar a Xunta de novo, metidos na miseria. Prometeron falsas promesas, pero nós non lles fixemos caso, e así gañamos as eleccións, con un programa e con uns profesionais que valen moito.
¡ADEUS BIPARTITO, GRACIAS POR NADA!
Vid:

0 comentarios:
Publicar un comentario