Despois de tanto tempo se poñer ningunha novidade, hoxe toca avisar á xuventude de que saíron unhas novas axudas para os estudiantes de ciclos de formación profesional. Se non avisamos antes de outras novidades, é porque realmente non houbo moito de que informar, xa que o traballo do anterior bigoberno, en canto á vivenda para xoves, non foi moi productivo.
Polo tanto, agora tratámosvos de avisar desta nova axuda, e explicarémosvos en que consiste.
A devandita axuda, trátase dun Bono-vivenda, que consiste nunha axuda, valga a redundancia, para os estudiantes de Formación Profesional para financiar os gastos do aluguer da vivenda.
Pódese beneficiar desde bono-vivenda todo o estudiante que no curso académico 2008-2009 curse ciclos formativos de grado medio ou superior d formación profesional en centros públicos situados a mais de 50km do domicilio habitual.
Poderá solicitarse dito Bono-vivenda dende o 15 de xullo ata o 30 de setembro de 2009. En tanto en canto, á cuantía do Bono-vivenda, concederase un máximo de 2.000 euros a cada beneficiario, que serán ingresados mediante transferencia bancaria. A axuda nunca superará o importe do contrato de aluguer polo número de meses que dure o ciclo formativo.
Agora ben, para que isto se dea teñense que cumprir unha serie de requisitos:
a) Ter empadroamento durante os últimos dous anos nunha localidade que diste máis de 50 quilómetros do centro de ensino.
b) Ter aprobadas todas as materias ou módulos do curso 2006-2007 entre as convocatorias de xuño e setembro.
c) Os ingresos da unidade familiar non deben superar os 23.000 euros. No caso de que o solicitante sexa maior de idade, non dependa dunha unidade familiar e teña ingresos propios, estes non poderán ser inferiores a 4.000 euros nin superiores aos 23.000 euros.
d) Ter feita a matrícula para un curso completo de ciclo formativo de formación profesional polo réxime ordinario para o curso 2008-2009, nalgún centro público da Comunidade Autónoma galega e non dispor de praza nun centro máis próximo ao seu domicilio familiar.
e) Non estar matriculado/a só no módulo de formación en centros de traballo.
f) Non ter praza nun centro residencial docente.
g) Asinar o contrato de arrendamento de vivenda ou de tempada.

Unha vez cumpras estes requisitos, deberás solicitalo Bono-vivenda presentanto a solicitude empregando o modelo normalizado que pode baixarse da páxina web da Consellería de Vivenda e Solo. A solicitude entregarase preferentemente no rexistro central da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela, aínda que tamén poderá presentarse no rexistros das delegacións provinciais da Consellería de Vivenda e Solo, nos rexistros de calquera órgano administrativo ou por correo.
PARA MÁIS IMFORMACIÓN: www.conselleriavivenda.xunta.es e no número de teléfono 981-541982.

0 comentarios:
Publicar un comentario